Amancio Prada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1949 (75 anos) Dehesas, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Instrumento | Voz |
Premios | |
| |
Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte (Alvarès, 1974). A partir de aquí comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio nacional e internacional (Roma, Estocolmo, Xenebra, Buenos Aires, Nova York, Lisboa, Caracas, Porto, Chicago, México, Rabat, Colonia, Utrecht, Rávena, Atenas, Bruxelas, Medellín...)
Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares etc), razón que expuxo o xurado para que gañase o XXI Premio Celanova Casa dos Poetas en 2005 ou o Premio Xarmenta en 2006.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Vida e morte (1974)
- Rosalía de Castro (1975)
- Caravel de caraveles
- Canciones de amor y celda
- Leliadoura (homenaxe aos trobadores galaico-portugueses medievais).
- Cántico espiritual (homenaxe a san Xoán da Cruz).
- Canciones y Soliloquios (poemas de Agustín García Calvo).
- De la mano del aire (1984)
- Dulce vino de olvido (1985)
- Sonetos de amor oscuro (1986), baseado en poemas de Federico García Lorca.
- A dama e o cabaleiro (1987), baseado na poesía neotrobadoresca de Álvaro Cunqueiro.
- Navegando la noche (1988)
- Trovadores, místicos y románticos (1990), disco dobre.
- Emboscados (1994)
- Rosas a Rosalía (1997), conxuntamente coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia.
- 3 poetas en el círculo (1998), en homenaxe a Cunqueiro, García Lorca e García Calvo. É a súa primeira gravación ao vivo e en directo.
- De mar e terra (1999), baseado na tradición oral en galego.
- Escrito está (2001)
- Canciones del alma (2003), disco-libro, dedicado a textos de San Juan de la Cruz.
- Sonetos y canciones de Federico García Lorca (2004), o seu segundo disco-libro
- Hasta otro día, Chicho (abril de 2005), disco-libro dedicado a Francisco Sánchez-Ferlosio.
- Rosalía siempre (2005)
- Huellas de Salamanca (2005)
- Zamora (2006)
- Concierto de amor vivo (2007)
- Vida de artista (2007)
- Del amor que quita el sueño (2010)
- Cántico espiritual y otras canciones de San Juan de la Cruz (2010)
- Emboscados (2010)
- Jorge Manrique. Coplas a la muerte de su padre (2010)
- Canciones de Agustín García Calvo. Libre te quiero ( 2013)
- Federico García Lorca. Poeta en Galicia (2013)
- Resonancias de Rosalía (2014)
- La voz descalza (2015)
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- "Galleta de oro" Festival de la juventud, Alar del Rey, 1969 e 1970.
- I Premio Festival de vilancicos novos, Pamplona, 1975 e 1976.
- Medalla Antena 3 Radio, 1982.
- Medalla COPE, 1986.
- Once galegos de hoxe, 1987.
- Medalla IV Centenario San Juan de la Cruz, 1991.
- Medalla Castelao, Xunta de Galicia, 1995.
- Socio de Honra do Instituto de Estudios Bercianos.
- Socio de Honra do Centro Galego de Córdoba.
- Disco Ideal, 1997 por Rosas a Rosalía.
- Premios Clínica San Francisco, 1997. XXVIII aniversario.
- Leonés do Ano, 1999.
- Medalla de ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid, 2001.
- Premio Trovador, Festival de Alcañiz, 2002.
- Premio das Artes "Gil y Carrasco", Ponferrada, 2003.
- Castaña de Ouro (1ª Edición, 2004, de Prada a Tope).
- Premio Celanova Casa dos Poetas. Fundación Curros Enríquez, Celanova, 2005.
- Premio Castela e León das Artes, 2005.
- Premio Xarmenta, 2006.
- Premio Laxeiro, 2016.
- Premio da Cultura Galega 2019.